Saturday 20 de April de 2024

O Concello de Lousame homenaxea a Secundino Agraso Barreiro, veciño de Camboño que cumpriu 100 anos


 

O Concello de Lousame vén de homenaxear á súa veciña Secundino Agraso Barreiro, da parroquia de Camboño, con motivo do seu cen aniversario. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e a concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, desprazáronse ata a súa vivenda para entregarlle unha placa conmemorativa e un ramo de flores.

Alcaldesa e concelleira compartiron un tempo de encontro con Secundino e coa súa familia, que celebrou por todo o alto o cumpreanos cunha festa á que asistiron numerosos familiares, especialmente unha neta que vive en Escocia e á que levaba moito tempo sen ver. Secundino Agraso Barreiro naceu o 4 de febreiro de 1919. Traballou gran parte da súa vida como carpinteiro e ebanista na Coruña, de onde volveu a Camboño onde tiña unha taberna, que pechou cando se xubilou. Na actualidade, vive co seu fillo José Luís e coa súa nora María nunha vivenda en Camboño.